Sobre nós

1952

comezo dunha gran historia

No 1952, Blandina e José María emprenden unha andaina que, hoxe, continúa a ser o medio de vida da nosa familia.

 

Nestes anos, pasamos de ser unha familia que facía pan para os veciños, a converternos nun equipo que preserva as receitas tradicionais uníndoas co desenrolo de novas elaboracións.

Comezamos nun pequeno obrador ó carón da casa familiar, e fomos avanzando e percorrendo diferentes etapas, abrindo novas tendas, unha cafetería-degustación dos nosos produtos, e creando un novo obrador de pan para transformar en realidade todas as ideas e novas elaboracións coas que agora contamos.